Achégase de novo o Verán Máis Alá, para nós, nenas e nenos de Fene!
Aquí atopamos un mundo novo,
cheo de misterios que temos que descubrir, ...
Poñemos a gorra, e collemos a lupa, ....
Somos as protagonistas e os protagonistas da nosa historia,
Remexemos nos camiños, falamos con bolboretas, trasgos, elefantes, serpes ...
entramos en covas cheas de cores e música,
estamos a carón dun volcán cheo de fantasía e creatividade,
seguimos todas as pistas coas mans, cos oídos e cos ollos.

Para descubrir o misterio, cómpre que non nos despistemos,
o segredo pode estar nas linguas que coñecemos e nas que imos descubrir,
nas viaxes,
ou se cadra as pistas están aquí agochadas máis preto do que pensamos.

Xogamos e vivimos unha aventura,
pode que no espazo, a carón de planetas descoñecidos....
na descuberta de continentes, illas, mares...
pode que no tempo, contando cara a atrás ou cara a adiante,...

Imos máis alá!

Divertímonos aprendendo!