Inicio
Verán Máis Alá
Galería
A lingua das bolboretas
A lingua das bolboretas
Deportes e xogos
Xogos cooperativos
Deporte
Investiga
Ciencia
Natureza
Xogarte
Música
Arte
Ciencia

Este ano no Verán Máis Alá fixemos que a ciencia resultase máis divertida que nunca.

A través dos nosos experimentos divertímonos e aprendemos. Experimentamos coa física e coa química pero tamén co gusto e co tacto e descubrimos aspectos curiosos e estraños da ciencia. Experimentar xa non ten segredos para nós.

Todo o que fixemos e descubrimos con esta actividade escribímolo no noso caderno de ciencias para poder seguir investigando o resto do ano.

Coidado na casa! Algo pode estoupar.

 

 

En Investiga tamén xogamos coa reciclaxe. Aprendemos a reciclar papel, de periódicos vellos naceron novos papeis de multitude de formas e cores. Facendo pequenas cousas como esta tamén podemos coidar da natureza.