Inicio
Verán Máis Alá
Galería
A lingua das bolboretas
A lingua das bolboretas
Deportes e xogos
Xogos cooperativos
Deporte
Investiga
Ciencia
Natureza
Xogarte
Música
Arte
Verán Máis Alá arrow A lingua das bolboretas
A lingua das bolboretas

Preme o interruptor e crearás un poema!

Este ano ao Verán Máis Alá chegou unha máquina revolucionaria, ao premer un simple botón, a máquina podía crear miles de poemas. A poesía foi o centro de actividade da Lingua das Bolboretas e non só a máquina se encargou de facer poemas, os nenos e nenas tamén aprendemos a facer poesía de forma sinxela, con pequenos trucos de maxia xurdiron poemas moi creativos e fermosos.

 

 

 

 

Aprendemos que a poesía pode ser moi divertida, xogando entre todos e todas creamos novos mundos, novas cores, novos olores e sabores.

Este ano no Verán Máis Alá tivemos unha visita moi especial, achegouse até Fene un universo de ilusión a través dunha contacontos; adentrámonos nun mundo cheo de historias e de fantasía, de humor e até de terror. Así experimentamos risos e voamos coa imaxinación por mundos novos para nós.