Inicio
Verán Máis Alá
Galería
A lingua das bolboretas
A lingua das bolboretas
Deportes e xogos
Xogos cooperativos
Deporte
Investiga
Ciencia
Natureza
Xogarte
Música
Arte
Arte

Neste Verán Máis Alá 2007 ollamos novas cores a través de Xogarte.

Os máis pequenos e pequenas achegáronse a Joan Miró, coñeceron as súas obras e crearon outras seguindo a súa técnica.

Os/as máis maiores da Escola de Verán coñecemos a Andy Warhol, traballamos a cor e a fotografía facendo cadros de vivas cores nos que debuxamos os nosos propios rostros. Tamén foi apaixonante coñecer as obras outros artistas que seguían a liña artística do movemento chamado Pop Art.


Coas nenas e nenos máis maiores saímos de excursión á Fundación Caixa Galicia para visitar a exposición dedicada a Pilar Citoler. Esta exposición foi moi interactiva para nós xa que fixemos diferentes actividades e obradoiros que estiveron relacionados co que estabamos a visitar.

A diversión estivo asegurada.