| Verán Máis Alá |
|
A Escola de Verán Máis Alá é un espazo aberto para nenos e nenas onde nos podemos achegar para divertirnos e aprender. A lingua galega é un dos nosos eixes de unión xunto con outros valores tamén moi importantes para nós como a igualdade, a participación, o traballo en grupo, a integración e a diversidade. Neste 2007 mergullámonos no verán a través da imaxinación e a creatividade, con moita ilusión aprendemos a conducir o noso propio mundo e vivimos toda unha viaxe de descubrimentos e novas experiencias. Se ti tamén buscas unha chea de emocións achégate con nós a este novo Verán Máis Alá!
|