Verán Máis Alá 2006
Xogamos en grupo
 
Na aula de xogos

Na aula de xogo propoñemos actividades que favorezan a súa aprendizaxe. Son actividades dirixidas con diferentes materiais como papel, cartolina ou pinturas por medio das que as nenas e os nenos amosan a súa creatividade. Tamén utilizamos materiais reciclados (bólas, caixas sonoras...). Construímos uns papaventos moi orixinais usando simplemente papel de embalar e pallas. Pero, sen dúbida, o que máis lles gusta aos nenos e ás nenas son os xogos cos materiais da ludoteca. Por exemplo, o xogo diamétrico ou de representación ou o xogo imitativo no que se amosan como son e no que deberán ser quen de xogar co resto do grupo. Na aula de xogo favorecemos a comunicación do grupo, habituamos aos nenos e ás nenas a saudar ao entrar e saír da aula, a escoitar ao resto do grupo e a respectar os materiais e aos compañeiros e compañeiras.

(JPG)
(JPG)