Verán Máis Alá 2006
Verán 2006
 

O Verán Máis Alá volve de novo a Fene con moitas ganas de facer amigos e amigas, de construír novos espazos, de crear novas formas...

Para participar no Verán Máis Alá só necesitamos botar man da nosa imaxinación. Dunha forma diferente e divertida aprenderemos novas cousas.

Podemos navegar pola rede para coñecer outras linguas.

Tamén descubrimos a natureza a través dos ollos e da música.

Creamos os nosos contos (coa axuda das Fenemaixes).

Facemos coas nosas propias mans traballos en coiro.

Modernizámonos e pintamos con sprays.

E até conseguimos debuxar o son da música.

Todo o que imaxinamos podémolo facer no Verán Máis Alá.

(JPG)
(JPG)
(JPG)
(JPG)
(JPG)