
| | fenemaixes son mércores 20 de xuño do 2007 As Fenemaixes son as personaxes do Verán Máis Alá. O día da despedida xoves 31 de agosto do 2006 Pero como todas as cousas boas tamén na Escola de Verán temos o noso día de despedida.
Preparamos unha exposición con todas as nosas creacións e tamén un espectáculo con actuacións de baile, de teatro, de humor... E despois de todo isto fomos todas e todos xantar ao Pote onde estivemos toda a tarde xogando. E aínda que as despedidas son sempre un pouco tristes divertímonos moito no último día do Verán Máis (...) Xogamos en grupo xoves 27 de xullo do 2006 Na aula de xogo propoñemos actividades que favorezan a súa aprendizaxe. Son actividades dirixidas con diferentes materiais como papel, cartolina ou pinturas por medio das que as nenas e os nenos amosan a súa creatividade. Tamén utilizamos materiais reciclados (bólas, caixas sonoras...). Construímos uns papaventos moi orixinais usando simplemente papel de embalar e pallas. Pero, sen dúbida, o que máis lles gusta aos nenos e ás nenas son os xogos cos materiais da ludoteca. Por exemplo, o xogo (...) |